15/02/2012

CHEGOU O AMOR AO COLE

Onte o cole encheuse de color e de amor! Tod@s viñemos con algo vermello e xuntámonos na biblio para ler as declaracións de amor. Houbo moitísima participación e  orixinalidade: cartas adicadas ás mamás, aos irmáns, á cama, ao sofá, á televisión, ao traductor de google, aos zapatos de tacón, ao sol, ás meninas, a Messi, ...Pero foi Puca a gran namorada, pois tivo moitas declaracións de amor!
Todos os participantes levaron unha piruleta con forma de corazón e os gañadores unha moi, moi grande!
Nesta entrada mostrámosvos fotos da lectura na biblio. A proxima serán as cartas gañadoras!

12/02/2012

CHEGA O ANTROIDO,!

Aquí temos unhas presentacións sobre o Antroido para traballar   nas aulas esta semana. Estes materiais están na páxina de Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, onde podes atopar moitísimos recursos do Antroido. Si che interesa, preme na imaxe.




10/02/2012

VISITA DO CLUB DE FÚTBOL SALA




Por segundo ano consecutivo tivemos o gusto de recibir a visita do C.D. Burela F.S., a través da actividade "Coñece o meu Club" dentro do programa "Xogade" (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), ao que o noso cole está inscrito.
O venres 20 de xaneiro disfrutaron dunha sesión práctica de fútbol sala os nenos e nenas do 2º ciclo, dirixida por Neco e na que colaboraron Jozi, Lidia, Maite e Cely.
E o luns 23 de xaneiro tocoulles ao alumnado de 5º e 6º,  a sesión foi dirixida por Kike e colaboraron Rosana, Bebeto e Víctor.
Pasámolo moi ben e esperamos poder seguir contando con este tipo de actividades.
Moitas gracias a este fantástico Club e ao seu responsable, Alfonso Mera Río.
Ánimo e moita sorte para esta temporada!!!



09/02/2012

DOUSCENTOS ANOS DO NACEMENTO DE DICKENS

Charles John Huffan Dickens (1812-1870), mais coñecido coma Charles Dickens, foi un famoso novelista inglés  e o principal autor do que na literatura inglesa chamamos “a era victoriana”. Escribía con gran maestría, gustáballe moito describir xentes e lugares (moitos deles imaxinarios) e empregar o humor, a ironía e a crítica social nas súas historias.
Empezou a estudiar aos nove anos e sempre foi un lector voraz. Lía moitas novelas picarescas e de aventuras coma Don Quijote de la Mancha ou Robinson Crusoe. O seu escritor favorito era Henry Fielding (un autor moi divertido que vos recomendo ler cando sexades un pouco maiores).
Aquí tedes unha pequeña animación sobre a vida de Charles Dickens.



DATOS CURIOSOS
*    O pai de Dickens foi encarcelado por impago de débedas, a maior parte da familia tivo que ir vivir co proxenitor ao cárcere (daquela era habitual). Dickens foi acollido nunha casa e non tivo que vivir no cárcere, pero ía a miúdo de visita.
*    Aos doce anos comezou a traballar nunha fábrica de betún cerca de Charing Cross, Londres. Co que gañaba pagaba a pensión e axudaba á familia. Na época da revolución industrial en Inglaterra os nenos eran man de obra barata, deixovos o enlace dun vídeo para que vos fagades unha idea das condicións tan duras e deplorables nas que traballaban estes pequenos. Child Labour in the Victorian England. http://youtu.be/kKcFDUDlRCE
*    As condicións deplorables de traballo das clases proletarias son unha constante nas súas novelas. Podedes ler David Copperfield por exemplo (hai versións para nenos).
*    Traballou de pasante, taquígrafo xudicial, reporteiro, xornalista político…
*    Casou con Catherine Thompson Hogarth no 1836 e tiveron dez fillos.
*    Entre o 1837 e o 1838 publicou Oliver Twist, unha das súas novelas mais importantes e coñecidas. Por aquel entonces era habitual publicar as novelas por entregas pois non todo o mundo tiña diñeiro para mercar libros.
*    No 1842 xa tiña un gran prestixio coma escritor. Foi entón cando viaxou aos Estados Unidos onde foi rexeitado pola súa novela Notas de América e porque nas súas conferencias posicionábase abertamente en contra da esclavitude, que naquel momento era legal. (O presidente Abraham Lincoln finalmente liberou aos esclavos en Norteamérica no 1863)
*    Coñeceu en persoa a Alejandro Dumas e a Julio Verne.
*    Fundou o Daily News.
*    Daba conferencias sobre os dereitos de autor, defensa das prostitutas e a condena da pena de norte, que era toda unha diversión para o pobo londinense naquel tempo. (As últimas execucións en Gran Bretaña datan do 1969 pero, sabíades que a pena de norte se mantivo no Código ata o 1998?) 

06/02/2012

IMAXES DA CARREIRA SOLIDARIA.DÍA DA PAZ

O prometido é débeda, quedaramos en mostrarvos máis imaxes da CARREIRA SOLIDARIA do Día da Paz. Aquí están, e ademais un vídeo!
Mirade que imaxes máis fermosas que demostran o esforzo e empeño das nenas e nenos por dar cantas máis voltas, mellor!





04/02/2012

EL RÍO DE LA PAZ

EL RÍO DE LA PAZ

La paz es un río que llega hasta el mar
y en él deposita amor y amistad.

La paz está unida con el amor y la fantasía,
y así se va tejiendo en nosotros la alegría.

Si no hubiese paz habría maldad
y el mundo sería un lugar fatal.
                                Blanca, 2º curso

30/01/2012

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

                    
O luns 30 de xaneiro  celebramos o Día da Paz con diversas actividades, entre elas a carreira " Kilómetros solidarios" organizada pola ONG Shave Children na que participaron todas as nenas e nenos do colexio correndo coma uns verdadeiros atletas. Foron moitas as voltas solidarias que sumaron entre todos e o recaudado entre os  patrocinadores será enviado a esta ONG para contribuir aos seus proxectos na República Democrática do Congo.
Pola tarde disfrutamos moito na biblioteca con INACIO, un contacontos que nos fixo rir coas súas historias de animais tan populares como o burro, o lobo, a raposa,...
Pero as actividades relacionadas coa Paz non rematan o día 30, posto que durante toda a semana seguiremos traballando nas aulas e na biblioteca para resolver as pistas e as preguntas que Puca nos mandou nos folletos e teremos unhas consignas da paz para saudarnos cada día dunha maneira diferente: o luns era un saúdo verbal, o martes cun xesto, o mércores dándonos a man, o xoves cun bico e o venres rematamos cunha aperta.
Prometemos poñer máis fotos da carreira!

28/01/2012

LA PALOMA MARIPAZ

Outro fermosísimo LIM para o Día da Paz, feito por Ana  Martínez Rey a partir dun poema de Carmen Gil.
                                                              
Para velo premede AQUÍ

27/01/2012

LIM DE WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

A nosa amiga Belén enviounos o código para que poidamos ver o lim directamene no blog. Unha vez máis estamoslle moi agradecidos a Belén Junquera!


26/01/2012

LIM DE WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Lembrades o conto de Wangari e as árbores da paz? O alumnado de 5º e 6º seguro que se acorda del porque o traballamos en cursos pasados e os que non o coñezan poden lelo na biblioteca porque está exposto entre os libros da Paz. Ademais, Belén Junquera ven de publicar no seu blog CASA DE TOL@S un libro interactivo ( LIM)  precioso sobre este conto, con actividades de distinto grao de dificultade. 
Podedes velo premendo no seguinte título:

Ou na imaxe do conto


Grazas a Belén por compartir o seu traballo!

24/01/2012

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DA PAZ

O 30 de Xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e da Paz, faremos distintas actividades no noso cole.
Pola mañá celebraremos a "VIII Carrera Kilómetros de Solidariedad" promovida por Save the Children co obxectivo de recaudar fondos, que este ano irán destinados a axudar a que os nenos e as nenas da República Democrática do Congo teñan aceso á educación.
Para iso, cada alumno buscará patrocinadores entre os seus familiares e amigos, que se comprometan a dar "x" cartos por cada kilómetro que faga. Unha vez concluida a Carreira, cada participante multiplica as voltas percorridas polo precio fixado por cada patrocinador e recauda os cartos, para que o cole os faiga chegar á organización Save the Children. Tamén se lle entregará un Diploma Solidario a cada participante.
Ás clases chegarán  uns folletos coma estes para traballar con eles. Son actividades dirixidas ao alumnado para facer en parella ou en pequenos grupos.  Animádevos a resolver as cuestións que se plantexan!

Neste atoparedes información.


Uns folletos  para resolver  unhas preguntas:






Esta é a presentación que se nomea no folleto das preguntas, nela atoparás algunha resposta.
A PAZ CONSTRÚESE CO ESFORZO DE TOD@S


E si queres saber máis cousas busca nos recursos do blog, onde pon RECURSOS PARA TRABALLAR A EDUCACIÓN EN VALORES E A COEDUCACIÓN ou preme AQUÍ


12/01/2012

ITINERARIOS LECTORES


Como as nenas e nenos do cole este ano foron  moi bos devoradores de libros, os Reis Magos trouxéronlles estes libros que van van ler na aula para compartir e disfrutar da súa lectura todos xuntos.
 En infantil van ler A TEA DE ARAÑA QUE TODO O APAÑA, en 1º ciclo LOS POEMAS DE VERO e A PASTALARÍA  DE DONA REMEDIOS, EN 2º ciclo TI NON XOGAS e O MEU GATO É UN POETA e en 3º ciclo A CHAVE DA ATLÁNTIDA e OS MEGATOXOS E A CARA OCULTA DA LÚA.


06/01/2012

AGRADECEMENTO A ISAAC DÍAZ PARDO


Isaac deixou dende que o coñecimos un  recordo imborrable en todo o profesorado do centro, e logo a través da súa axuda a todalas peticións do colexio fixo que este fose diferente e levase por onde queira que se mire as pegadas da Cerámica de Sargadelos e de Isaac Díaz Pardo. Dende os primeiros anos de funcionamento do colexio puxo tódolos medios que tiña ao servicio do noso centro:
-      Deunos clase aos mestres para que poidesemos ensinar a traballar o barro.
-   Puxo monitores, material e as sùas instalacións para que o alumnado do centro, traballase a arxila durante dous anos.
-    A editorial do Castro, sempre nos donou tòdolos libros que tiña adaptados a idade do noso alumnado.
-    Puxo o persoal da cerámica para que nos fixera estanterìas para as pezas feitas, ao seu diseñador para que lle nos axudara a embelecer cos seus murais e mosaicos o centro, vaixelas para sortear para as excursiòns fin de curso, cerámica para os servicios de comedor, e tantas outras cousas que sería moi longo detallar.
Pero sobre todo,  recordamos o seu exemplo como persoa, porque somentes os elexidos poden mostrar as facetas de traballador incansable, rexeitando sempre calquera tipo de privilexio e sendo o  millor exemplo de como estar por encima de vaidades e consumismo. En definitiva,  un espello para mirarse calquera xeraciòn, agardamos que nós a  través do ensino,  poidamos formar un alumnado no que apareza  algo o seu exemplo. Foi un privilexio para toda a nosa comunidade educativa poder contar todos estes anos, dende a creación do colexio, cun persoeiro coma Díaz Pardo, que sen lugar a dúbidas contribúe dun xeito moi notable no bo funcionamento do centro e que polo tanto nos sentimos fondamente tristes pola súa pérdida e  sempre teremos un gran recordo da súa persoa.



04/01/2012

A PEGADA DO BUBISHER

Uns días antes das vacacións de Nadal publicamos unha entrada neste blog para informarvos da nosa participación no proxecto BUBISHER que consitíu en elixir un album para enviar, dentro dunha ampla lista de títulos. BIBLIOCERVO elixíu  LA SIESTA DE LOS ENORMES, de Pep Bruno & Natalie Pudalov, publicado na Ed. OQO e do que podedes ler máis si premedes no anterior  título. 
Coas presas dos últimos días non tivemos tempo de contarvos esto, pero agora queremos mostrarvos a onde irá este libro e todos os que as BE de Galicia enviaron para o BUBISHER. Estamos moi contentos polo seu destino e porque sabemos que lle van facer un moi bo uso-




22/12/2011

CELEBRAMOS O NADAL

Rematamos o trimestre coas celebracións do Nadal. Estes días as aulas e corredores do colexio enchéronse de botas navideñas decoradas polas familias a partir dun mesmo deseño que o colexio lles repartíu. Fixemos  unha árbore con mans portadoras de bos desexos e ao  redor dela colocamos os xoguetes das nenas e nenos que xenerosamente trouxeron para que Caritas reparta entre familias necesitadas.
 E para remartar, o  venres pola tarde disfrutamos escoitando e cantando as panxoliñas que o profe de música  ensaiou coas diferentes clases. Despois repartíronse as postais do amigo invisible,os agasallos e unhas lambetadas de Nadal.
Con estas imaxes, o equipe da biblioteca e todo o colexio de Cervo quere desexarvos 
BO NADAL!






19/12/2011

EL GRINCH

Unha preciosa película para ver nestas datas:


E unhas sinxelas actividades para realizar despois de vela.

13/12/2011

LECTURAS PARA O NADAL

Como ven sendo habitual, Puca, a nosa mascota preséntanos o folleto que elaboramos para enviar ás familias polo  Nadal. Nel recóllense suxerencias de lecturas para todas e todos, con novidades e outras que xa non o son pero que lembramos porque nos parecen interesantes. Agardamos que vos gusten e que vos animedes a lelas!



10/12/2011

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

06/12/2011

IDEAS PARA USAR A PIZARRA DIXITAL

Esta presentación de Raúl Diego Obregón danos moitas ideas para mellorar o uso da pizarra dixital. Visto en BIBLIOTICS  

02/12/2011

O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN


O día 11 de Novembro celebramos no cole o "Magosto", que como sabedes é unha festa outonal na que se reunen varias persoas para asar e comer castañas, normalmente o día de Tódolos Santos ou o de San Martiño.
Pois ademáis de comer castañas, tamén participamos nuns xogos con peóns, aproveitando que tamén celebramos ese mesmo día o "Día do Peón", xa que "polo San Martiño, peóns ao camiño"
Aquí nestas imaxes tedes a proba do ben que o pasamos.

24/11/2011

CONTOS PARA A COEDUCACIÓN

Uns magníficos contos para traballar a coeducación, os primeiros  da escritora Adela  Turín:

ARTURO Y CLEMENTINA, ilustrado por Nella Bosnia.

 ROSA CARAMELO




UNA FELIZ CATÁSTROFE.( PREME NO TÍTULO PARA VER O CONTO)

Ou podes visionalo aquí:



 LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES, de  Nunila López Salamero e  da ilustradora Myriam Cameros Sierra


Hai máis recursos relacionados coa educación en valores, a paz e a convivencia neste blog, si queres velos preme nesta imaxe aquí ou no lateral do blog


23/11/2011

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro fué declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller no Iº Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.
Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.
Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal,  tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans da policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.
A escola non debe permanecer axena a esta lacra da sociedade actual. A  solución non pasa por  lembrarse deste problema só o día 25, senón que o papel da escola  consiste en educar na igualdade todos os días do ano. 
Son moitos os recursos que atopamos para traballar nas aulas. A biblioteca Víctor Saenz de Mazaricos fixo unha completísima recompilación á que podedes acceder premendo  AQUÍ ou na imaxen



Agradecemos á esta biblioteca que comparta o seu traballo con todos!



16/11/2011

OS PROFESORES ANTE O FRACASO EDUCATIVO

Esta imaxe tamén a trouxen do Congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito (BET), una imaxe para  a reflexión.

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este vídeo eatá colgado na páxina das BE de Galicia e de alí copio este texto: "Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.


As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día. "