PEZAS ÚNICAS

DENDE CERVO ATA BANGLADÉSH

Esta una entrada moi especial para todo o cole…
Para celebrar o día das letras galegas fixemos moitas actividades, entre elas unhas “pezas únicas” que consistían nun poema orixinal e ilustrado elaborado polos nenos e nenas do cole.

Estas pezas convertéronse en agasallos que varias tendas de Sargadelos (Cervo, Viveiro, Lugo, Santiago de Compostela e Mondoñedo) ofreceron aos seus clientes o 17 de Maio.
A nosa idea era que chegaran moi lonxe, e as persoas que as adquirirán nos enviasen as súas impresións… a verdade é que esperábamos alguna resposta, pero cando nos chegou este correo non puidemos máis que quedar abraiados e compartir con todos esta boa nova.

Os poemas dos nenos e nenas de Cervo chegaron ata Bangladesh.


"PEZA ÚNICA" DA ESCRITORA  ELENA GALLEGO


As nosas “pezas únicas” non deixan de darnos alegrías... O pasado fin de semana chegou ao cole un correo moi especial, a xornalista e escritora Elena Gallego enviounos esta fermosa fotografía do seu poema, acompañada dunhas verbas de felicitación para todos!!

Queremos darlle as gracias en nome do cole e moi especialmente de Cris (5 anos) que lle manda un biquiño enorme para agradecer a súa resposta.


Como vedes, a arte das nenas e nenos espállase por todo o mundo!!!


Parabéns por traballar tanto... o próximo ano seguro que chegaremos ata a lúa!!!(Puca)

 UNHA PEZA ÚNICA NA ARXENTINA
 
Non podemos deixar de sorprendernos cada vez que recibimos novas das pezas únicas que elaboraron o pasado curso os nosos alumnos e alumnas…  
Nesta ocasión foi o poema “O Verán” de Nina o que viaxou ata Bos Aires! 
 A historia é ben fermosa…  
“… Hola Nina.
Te escribo desde Buenos Aires, Argentina. Mi mamá es hija de Vicenta, que nació en Mondoñedo. Yo viajé para visitar este pueblo, y encontré este plato ahí. Nos dieron una tarjeta con el hermoso poema que escribiste:                    
  O verán
O verán é caloroso
e marabilloso,
Contigo ven o sol
moi ledo e amarelo.
Cando brilas cantan os Paxaros
e mellor saben os xeados
de todo los cores e sabores.
Te envío la foto de mi mamá con el plato que le regalamos y tu hermosa tarjeta con el poema…” 



 
Toda a escola e moi especialmente Nina, agradecémoslle á familia de Vicenta estas fermosas palabras, e mandámoslle unha aperta enorme e moitos bicos.


No hay comentarios: