Mostrando entradas con la etiqueta TEATRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TEATRO. Mostrar todas las entradas

8 abr 2019

PUCA QUERE SABER ...SOBRE A ÓPERA

Seguimos traballando sobre o arte dramático e desta vez Puca quere saber como é a ópera. Para axudarlle a coñecer este xénero, preparamos esta información sobre a Ópera Carmen de George Bizet. Agardamos que vos serva de axuda!



Tamén podedes entrar na páxina da Ed. EDELVIVES  onde atoparedes referencias  deste fermoso vídeo realizado coas ilustracións de Benjamín Lacombe e do libro escrito por Prosper Mérimée que máis tarde de convertería na famosa opera do mesmo nome, da man de George Bizet.





12 may 2017

ASISTIMOS A UNHA OBRA DE TEATRO NO AEM

AEM son as siglas da  Asociación de Axuda ao Enfermo Mental Á Mariña, veciños nosos posto que o seu centro está ubicado preto do colexio. Realizan actividades moi variadas: manualidades, saídas, teatro, música...E recentemente invitáronnos a visitar o seu centro e ver unha obra de teatro " A marabillosa mente de Alicia", que adaptaron de "Alicia no país das marabillas".
Son uns xeniais artistas, fixérono estupendo, estivemos moi , pero que moi atentos e ao final sacamos unha foto todos xuntos no exterior do edificio.
Gustounos tanto a experiencia, que imos repetila, pero agora correspóndenos a nós devolver a invitación!!! Pensamos que lles gustará vernos actuar no Festival de Fin de Curso, así que cursaremos unha invitación formal!!!
Moitas gracias por compartir con nós as vosas experiencias, sensibilizarnos e ensinarnos  outras realidades!!