VOZ NATURA

AS NOSAS ÁRBORES, MELLOR AUTÓCTONAS!!
Este curso, o título do noso proxecto de Voz Natura foi: AS NOSAS ÁRBORES, MELLOR AUTÓCTONAS. Por este motivo, cada curso escolleu unha árbore típica da nosa contorna para traballar.Nestas imaxes aparecen algúns dos traballos que foron realizando diferentes cursos. Os seus coñecementos quedaron anotados nunha ficha técnica.

COMO MEDRAN!!
 

Nesta imaxe podemos ver o ben que medran as leitugas ou o brócoli. Os coidados semanais dos nenos e nenas do cole están dando moi bo resultado. En pouco tempo, poderán levar á casa os froitos de tanto esforzo.

COIDAMOS DO INVERNADOIRO
Os venres, por parellas ou tríos, imos coidar a nosa plantación no invernadoiro. Regar é o que máis lle gusta aos nenos e nenas. Na imaxe, unha alumna de 1º de Primaria, axuda a dous nenos da Aula de 5 anos.

MOMENTO DE REGAR

Os nenos de 5 e 4 anos regamos os venres. Nestas imaxes podemos ver o ben que están a crecer o brócoli, leitugas e bulbos de gladiolo que plantamos durante o mes de marzo.

OS CASTIÑEIROS VAN CRECENDO...

 
Os 3 castiñeiros que xerminaron no Outono, xa están así de grandes. Dentro de nada teremos que ir buscando un sitio no patio do centro para poder transplantalos...

TRABALLANDO NO INVERNADOIRO

Aproveitando a chegada da primavera, os nenos e nenas de 5 anos plantamos leitugas, brócoli e un par de bulbos de gladíolo no invernadoiro do cole.


RECANTO DE VOZ NATURA
Ao longo do 1º Trimestre, creamos este recanto de Voz Natura. Aquí poderemos expoñer as diferentes actividades que vaiamos realizando relacionadas co proxecto titulado: "As Nosas Árbores, Mellor Autóctonas".


XERMINACIÓN DUNHA CASTAÑA
Aproveitando que temos un precioso castiñeiro no patio de Primaria. Os nenos e nenas da Aula A Fronteira (5 anos), fumos buscar castañas para intentar lograr a súa xerninación. Seleccionamos as mellores (despois de deixalas unha noite en auga, as elexidas foron as que non flotaban). Decoramos unhas macetas reciclando os vasos de iogur da merenda. Metimos a terra e colocamos a castaña sobre ela. Finalmente a tapamos con papel, regamos e esperamos....


PASOS DA XERMINACIÓN DA CASTAÑA E PARTES DO CASTIÑEIRO
No recanto de Voz Natura, os nenos e nenas de 5 anos deixaron rexistrados os pasos que seguiron para lograr a xerminación da castaña. Tamén elaboraron un castiñeiro pintando e picando diferentes partes desta árbore. Finalmente, cada neno e nena foi escribindo unha etiqueta, que máis tarde colocou no seu lugar correspondente.


MANUALIDADE DO OUTONO
Os nenos e nenas da Aula de 4 anos elaboraron esta bonita manualidade empregando follas recollidas no patio de Primaria. Con estes paxariños decoramos o recanto de Voz Natura.


XAIME E AS LANDRAS
Aproveitando a presencia dun carballo no patio de Primaria do noso centro. Os nenos e nenas de 4 anos traballaron no 1º Trimestre o conto: Xaime e as Landras. Esta é unha pequena mostra dalgunhas das actividades que levaron a cabo.


O OUTONO
O outono é unha estación do ano que da moito xogo ás aulas de Educación Infantil. Aquí podemos ver como os nenos e nenas da Aula de 4 anos intentan compoñer a palabra OUTONO, empregando unhas letras decoradas con motivos desta estación.


AS CORES DO OUTONO
No patio do noso centro crecen moitas árbores autóctonas. Cada día os nenos e nenas de Infantil cruzan o patio de Primaria para chagar ao seu, e polo camiño os nenos e nenas de 5 anos comentan ás veces o diferentes que son as árbores en outono. Unhas árbores son de folla caduca, outras perenne, unhas teñen as follas verdes e outras de moitas cores... Nesta manualidade, os nenos e nenas traballaron as cores do outono.


NO SAMAÍN..., CABAZA
Unha das celebracións máis esperadas polos nenos e nenas de Infantil é o SAMAÍN, pois é o momento de arremangar a roupa e manchar as mans (disfrazados ou non). Un bo exemplo, o temos nestas imaxes. Son os nenos e nenas de 4 anos durante o vaciado da súa cabaza.


AS ÁRBORES DO COLEXIO
Os nenos e nenas da Aula de 5º de Primaria visitaron o xoves 17 de xaneiro as aulas de Infantil, onde explicaron aos máis pequenos a importancia de non danar as árbores do noso centro. Elaboraron un libro que deixaron no recanto de Voz Natura a disposición de todo o alumnado do centro.


XACINTOS EN FLOR
Así de bonitos están os xacintos dos nenos e nenas de 5º de Primaria!!


ADOPTANDO DIFERENTES PLANTAS
A aula de 4 anos tomou a decisión de adoptar algunhas das plantas que temos polos corredores do noso cole. Dentro da clase os alumnos/as poden regalas, limpalas..., e aprender moitas cousiñas sobre elas, se necesitan moita auga, se teñen flores, a forma das follas....


PARA MEDRAR MÁIS E MELLOR

As castañas xerminadas no outono na aula de 5 anos xa son pequenos castiñeiros, polo que as súas raíces precisan máis espazo para crecer. Neste mes de febreiro transplantamos os castiñeiros a unhas macetas máis grandes e esperamos que en pouco tempo..., xa as podamos plantar nalgún recuncho do noso patio.








No hay comentarios: