29 oct. 2008

REFRÁNS DO OUTONO


Os nenos e nenas da clase de 4º fixemos unha recolleita de refráns do outono. Imos facer un refraneiro con todos eles. Aquí vos mostramos algúns:


San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

A horta en outono mantén o seu dono.

Outono quente trae o demo no ventre.

Polo San Miguel sabe o touciño a mel.

Outono chuvioso ano copioso.

Si en Septembro empeza a chover, outono seguro é.

En septembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

Moita flor na primavera bon outono nos espera.

A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.

Polo San Andrés, o viño novo vello é.

1 comentario:

ratoMik dijo...

Gústanme moito estes refráns e, co voso permiso, vounos incluir na lista de refráns que nós tamén estamos elaborando (por suposto deixarei claro que os atopei no voso estupendo blog).
Unha aperta,
MIK