Mostrando entradas con la etiqueta MES DO MEDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MES DO MEDO. Mostrar todas las entradas

1 nov 2014

UNHA BIBLIO DE MEDO!!

Durante todo o mes de outubro a biblioteca fixo propostas de actividades moi variadas, todas relacionadas co MEDOOOOOOO e co Samaín:
 Houbo obradorios de cociña para preparar trufas, cabazas mandarinas e caras draculinas. As nenas e nenos leron na biblioteca as súas creacións para o gran festival de rimas e poemas de MEDOOOOOO. Decoramos as portas de MEDOOOOOO. 
 Nos recreos visonamos episodios da Familia Adams. 
Contáronse contos de MEDOOOOO  e como novidade, este curso PUCA propúxonos que fixéramos  un pequeno MILLADOIRO nunha encrucillada do patio.  Como non sabiamos moito desta antiga tradición, tivemos que documentarnos e informarnos da importancia das pedras na cultura galega. Despois pintamos a nosa pedra cos desexos para o resto do curso e depositámola arredor dun pequeno castiñeiro.
 Pouco a pouco o  MILLADOIRO irá medrandO, igual que os nosos desexos e ilusións!
Temos un montón de fotos de todas estas actividades, así que paciencia e agardade a que carguen!!!!

13 oct 2014

UN MES DE MEDO EN BIBLIOCERVO

 


Durante o mes de Outubro traballamos na biblioteca arredor do tema do MEDO con: exposición de fondos, libros, películas, traballos de cursos anteriores, decoración da biblioteca, das portas das aula, visionado da peli A Familia Addams...E como novidades temos dúas propostas para as aulas: un concurso de rimas e pareados de medo e a outra a realización dun milladoiro no patio do colexio con pedras pintadas cos medos do alumnado.Aproveitaremos esta actividade para afondar nos ritos e crenzas do Samaín, entre os que se atopan os AMILLADOIROS. 
Para que vos vaiades animando, deixámosvos esta presentación e unha breve información que elaboramos con toda a recompilada.
Agardamos que o tema esperte o voso interese e participedes tod@s!


9 dic 2012

FINALISTAS RELATOS DE MEDO

Rematamos o MES DO MEDO  coa lectura dos relatos na bibliotecas. Houbo cinco finalistas que  levaron de premio a honra de ser publicados neste blog, un arrepiante diploma e un marcador. Para ler os relatos mellor, preme encima dun e poderás velos máis grandes.
















O equipo da biblioteca da as grazas a cantos participaron e nos
permitiron disfrutar e tremer cos seus espeluznantes relatos.