Mostrando entradas con la etiqueta DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Mostrar todas las entradas

28 mar 2019

CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DO TEATRO


Como xa anunciabamos en entradas anteriores, o 27 deste mes xuntámonos na biblioteca para conmemorar esta data DÍA MUNDIAL do TEATRO. O alumnado que voluntariamente se apuntou, leu o termo do dicionario que elaborou coa súa familia e logo vimos o vídeo das recomendacións teatrais. 
O dicionario pasou a formar parte dos fondos bibliográficos de BIBLIOCERVO,onde está á vosa disposición para consultar. Léndoo podemos aprender moito sobre o TEATRO!



26 mar 2019

DÍA MUNDIAL DO TEATRO, DICIONARIO TEATRAL "PURO TEATRO"



Mañá, día 27 de marzo, é o DÍA MUNDIAL DO TEATRO e posto que este xénero literario foi o elixido para traballar este curso dentro do Proxecto Documental Integrado do Centro, na biblioteca imos ter moitas actividades relacionadas co TEATRO. 
Por unha banda vaise presentar o DICIONARIO TEATRAL PURO TEATRO elaborado en colaboración coas familias que foron as encargadas de buscar a información sobre un termo teatral e realizar a ilustración do mesmo. Por outra banda visualizarase un vídeo con recomendacións teatrais a cargo de persoas relacionadas co mundo do  teatro e, para rematar...en abril teremos o
 CICLO TEATRAL DO PEDROUZO I
 cuio programa podedes consultar ao comezo desta entrada. Que ben o imos pasar!