Mostrando entradas con la etiqueta ROBÓTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROBÓTICA. Mostrar todas las entradas

7 feb 2019

OBRADORIOS DE ROBÓTICA EN ITI.




O alumnado de 5º e 6º curso realiza obradoiros de robótica na biblioteca, organizado en grupos colaborativos, pois mentres uns programan cos robots LEGO, outros elaboran taboleiros para os ESCORNABOTS, outros deseñan en 3D co programa TINKERCAD e outros fan  construcións coas pezas LEGO. Ao final cobren unha rúbrica de avaliación para detectar as dificultades do grupo e o grao de satisfación da sesión. 

4 abr 2018

DESAFIANDO RETOS ...




A partir do 2º trimestre os cursos dos maiores do cole, 5º e 6º de Ed. Primaria, dedicaron unha hora semanal para practicar cos robots LEGO MINDSTORMS e resolver retos, algúns moi difíciles, como podedes ler no PUCA QUERE SABER  que axuntamos. Pero como se traballa en grupos colaborativos e cada integrante ten a súa función, resulta máis doado resolver os problemas. 
Ao  final da sesión hai un tempo para realizar a autoavaliación e ver as dificultades de cada día. Poñerse de acordo, deixar facer aos compañeiros, colaborar,... é complicado nun traballo en grupo, pero unha boa aprendizaxe para o futuro. 
Despois de varias sesións xa nos imos concienciando da importancia de axudarnos e colaborar todos para avanzar e de que todo o mundo é capaz de superar retos!
Adxuntamos o caderno elaborado no PFPP dos profes e que agora complementa o alumnado.