Mostrando entradas con la etiqueta Día do Peón e do Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Peón e do Magosto. Mostrar todas las entradas

15 nov 2013

CASTAÑAS E PEÓNS PARA CORRER O FRÍO

   



  Cartel gañador, de Leticia de 4º curso.

 

Deixamos a celebración do Día do Peón e do Magosto para este venres. Dende o recreo Pepe, o conserxe, estivo facendo o lume para asar as castañas. Tiñamos disposto queimar a caixa dos medos, pero a chuvia impedíunolo, teremos  que facelo outro día. Pero ao que íamos, despois do recreo do comedor, baixamos ao pavillón, xa dixen que o tempo non acompañaba e non poidemos estar fóra, no campo. Os de infantil quedáronse no patio de dentro, xogando con papeis de periódicos, a encestar castañas...Os de primaria repartímonos en seis grupos que ían pasando polas diferentes estacións. En cada unha delas había que parar e facerlle bailar ao peón dun xeito diferente.
 Cando pasamos por todos os xogos comemos as castañas, que por certo estaban boísimas! Mentres comiamos, unhas nenas cantareiras que temos no cole, amenizáronnos a degustación cunha regueifa do Magosto, acompañadas de pandeiretas.
Estivemos tan entretidos, que cando nos dimos conta, xa era hora de recoller as mochilas e marchar para a casiña. Pasámolo tan ben que non nos chegou o tempo a nada.
                             Para o vindeiro curso ten que durar máis a  festa do Magosto!

2 dic 2011

O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN


O día 11 de Novembro celebramos no cole o "Magosto", que como sabedes é unha festa outonal na que se reunen varias persoas para asar e comer castañas, normalmente o día de Tódolos Santos ou o de San Martiño.
Pois ademáis de comer castañas, tamén participamos nuns xogos con peóns, aproveitando que tamén celebramos ese mesmo día o "Día do Peón", xa que "polo San Martiño, peóns ao camiño"
Aquí nestas imaxes tedes a proba do ben que o pasamos.