Mostrando entradas con la etiqueta A MAXIA DA ROBÓTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A MAXIA DA ROBÓTICA. Mostrar todas las entradas

21 nov 2019

PREPARÁNDONOS PARA O X CONCURSO A MAXIA DA ROBÓTICA!!

Alegrámonos moito que este curso volvese a haber o concurso  A MAXIA DA ROBÓTICA organizado e convocado por IGACIENCIA. Vai participar 5º e 6º de Ed. Primaria, repartidos en sete grupos mixtos que se están preparando para poder superar os retos que lles van propor. 
Este concurso vai ter lugar na cidade de A Coruña, no IES MENÉNDEZ PIDAL, e nos imos ir o mércores día 27 deste mes.
Que nervios, cantos nos tarda!!!


10 oct 2019

COMENZAMOS COAS SESIÓNS DE ITI!

Pouco a pouco imos botando a rodar as actividades do curso, unha delas é ITI e xa vos adiantamos que imos participar no Concurso de A MAXIA DA ROBÓTICA convocado por IGACIENCIA, así que imos practicando...
Por outra banda, dicir que estamos seleccionados provisionalmente para participar no Proxecto


 Que se solicitou para os cursos 3º e 4 º de Ed. Primaria.
 Estamos moi contento por todas estas novidades!


16 nov 2010

PREMIOS A MAXIA DA ROBÓTICA













Aquí temos aos gañadores recollendo o premio

Dicimos premios porque foron varios os que gañaron as nenas e nenos do colexio de Cervo no concurso de robótica no que participaron, como eles mesmos vos contaron. Trouxeron o 1º premio da súa categoría e dúas mencións especiais. Ademáis,  ex alumnos do colexio que agora están no IES Marqués de Sargadelos tamén gañaron  premios  Así que, a todos eles dámoslles a noraboa e animámolos a que seguen traballando así: en grupo, con espíritu cooperativo e deportivo.

16 nov 2009

A MAXIA DA ROBÓTICA

O pasado xoves día 12 de novembro os cursos de 5º e 6º participaron nun obradoiro chamado A MAXIA DA ROBÓTICA. Este é un concurso organizado por IGACIENCIA en colaboración co Concello de Santiago de Compostela . Dos 9 grupos que participamos, tres levaron o 1º premio coa máxima puntuación que se podía acadar incluídos os 5 puntos de actitude e outro grupo levou o 2º premio compartido cun colexio de Ponteareas.
O éxito acadado polos nosos participantes dalgún xeito débese a colaboración dunha nai da comunidade educativa que veu facer unhas prácticas de robótica o curso pasado e a comenzos deste. Estamos seguros que grazas a estas prácticas, o alumnado tiña acadado unha certa soltura no manexo deste programa. É polo que lle agradecemos a esta nai a súa axuda e colaboración, agradecemento que tamén queremos compartir con todas cantas familias colaboran co colexio. A tódalas nais, pais, avós, avoas...
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!

Aquí temos os equipos gañadores ¿ Xa se lles nota, verdade? NORABOA A TODAS E TODOS!
e despois do éxito e da motivación que ten o alumnado, a biblioteca vai ter que aumentar os fondos que traten de robótica!!!