Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECA-PUCA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECA-PUCA. Mostrar todas las entradas

21 oct 2011

O REGRESO DE PUCA

BENVIDA, PUCA! on PhotoPeach

Puca xa está de volta! Onte apareceu na entrada do colexio, de regreso de non sabemos onde. Dunhas vacacións, dun balneario, dunha clínica de estética, de compras,...? Hai opinións para todos os gustos. No que si coincide todo o mundo e que ven moi mellorada, máis "relleniña", máis morena, con roupa nova, zapatos novos,...Só lle falta o sombreiro que debeu perder na súa viaxe. Temos que mercarlle outro!
BENVIDA, PUCA E LONGA ESTANCIA ENTRE NÓS!

1 jul 2011

CARTA DE PUCA AOS DE 6º


Aínda parece que foi onte cando chegástedes ao colexio e xa rematástedes a vosa andaina no centro.  Eu aparecín por aquí atraída pola vosa alegría e dinamismo, pola vosa actividade e boa disposición para o traballo. Nacín da vosa imaxinación e creástedes a miña historia. Fóstedes uns excelentes axudantes na biblioteca, sempre dispostos a votar unha man para pegar etiquetas, forrar libros, colocalos, doblar folletos, repartilos, servir de guía aos máis pequenos, votarlles a bronca cando non entregaban os libros no seu plazo...
Por iso me vou a lembrar moito deste curso, aínda que vos espero, no ciberespacio e na biblioteca. Sabedes que  tedes a súa porta aberta para seguir empregando todos os seus recursos e cando os que non entenden porque unha biblioteca tan pequena recibíu o Premio ás Boas Prácticas e vos pregunten que faciades nela, contestade: ler, falar, escoitar, divertirse, traballar, formarse, aprender, comer, rir,...nada especial, simplemente aquelo que faciamos ata acabar sentíndoa como algo noso.
Cando tardaba en mandarvos unha carta, dábadeslle as queixas a María: " Hai moito que non nos escribe Puca." Agora vaime ser máis difícil facérvolas chegar ata a biblioteca do IES, pero a través de blog sabedes que podemos seguir comunicándonos, seguindo as novas e facendo comentarios, así que seguiremos en contacto. Por iso non quero que isto sexa unha despedida, senón un ATA SEMPRE!

APERTAS DE CHOCOLATE !!
PUCA


5 jun 2011

A FESTA DE PUCA


O pasado martes celebramos o cumple da nosa mascota Puca, que como xa sabedes, fixo tres anos da súa chegada ao cole! Tivemos unha tarde con moita actividada da que Nina, unha alumna de 4º fixo unha crónica que vos ofreceremos nesta mesma entrada proximamente. Mentras tanto subimos estas fotos. Agardamos que vos gusten!
E esta é a crónica de Nina:

CUMPLEAÑOS DE PUCA
El martes 31 de mayo del 2011 fue el cumpleaños de Puca, nuestra mascota de la biblioteca. Por la tarde lo celebramos y la primera actuación la hicieron los de tres años. Los de tres años hicieron un libro de la colección de Caracol y Caracola que tenemos en la biblioteca. Después fueron los de cuatro años que hicieron una obra de teatro sobre los animales e hicieron unos dibujos preciosos.
Después fueron los de cinco años e hicieron otra obra de teatro sobre el reciclaje y fue muy divertida. Pero los de primero no hicieron eso sino un “rap” para Puca, se inventaron la canción, se pusieron gorras e hicieron un baile muy, muy rapero.
Los de segundo hicieron otro baile, también se inventaron ellos la canción sobre Puca, se inventaron el baile y no se pudieron aguantar para salir, salieron rapidamente y lo hicieron fenomenal. Huy, ya falta poco para que lleguen los de cuarto… ¡Que nervios!
Después fueron los de tercero, hicieron un dibujo muy bonito con botones, lana… Pero lo mejor fue lo que le dijeron a Puca ¡Feliz cumple Puca!
-Dame una P, dame una U, dame una C, dame una A… ¡PUCA!
Por fin les toca a los de cuarto, recitaron una poesía muy bonita. Por delante del papel dibujaron el dibujo de la frase que le tocaba a cada uno y por detrás la frase por si se les olvidaba, lo tenían escrito por detrás.
Los de quinto enseñaron las postales que hicieron, ¡todas eran preciosas! Los de sexto se inventaron una canción preciosa porque al terminar el curso se van. Seguro que a Puca le dio mucha pena.
Era muy tarde y tomamos la tarta pero aún faltaban las canciones de música. Los de tercero, cuarto y quinto cantaron la canción de ¡A nena Botánica!, algunos de sexto tocaron y los otros cantaron. ¿Me falta algo? ¡Pues claro! Me falta la canción de Puca, ¿cómo se me ha podido olvidar? Todos los cursos que la sabían la cantaron y algunos la tocaron con la flauta. Pero ahora solo quiero decir una cosa…

¡FELICIDADES PUCA!

30 may 2011

PUCA INVÍTANOS AO SEU CUMPLE!

Pois si, mañá a nosa querida mascota da biblio cumple tres anos e quere celebralo con todas e todos. Por iso chegaron ás aulas as súas cartas de invitación. Por si alguén non se enterou, deixovos aquí unha e a canción para cantarlla mañá.
Cervo, 24 de maio de 2011

Querid@s amiguiñ@s:
Esta carta é para invitarvos ao meu cumple que será o 31 de maio pola tarde.
Eu tiña pensado ir de tendas para mercar algo de roupa e así cambiar o meu aspecto, porque xa cumplo 3 anos! Estes días que estou sentada abaixo, obsérvovos cando pasades e vexo que todos lucides unhas roupas moi modernas…dádesme unha envidiaaa! Síntome un pouquiño debilucha e ata creo que adelgacei uns quiliños, debe ser que estou cansada de traballar durante o curso, porque este foi un curso especial para a bibloteca co premio tan importante que nos deron! A vosoutros pásavos igual? Bueno, xa logo veñen as vacacións e poderemos descansar!
Como sei que traballástedes moito, non vos pido nada especial de agasallo, seguro que xa tedes algo feito: un conto, unha poesía, un debuxo…A min gústame todo! Eu traerei a tarta de chocolate e procuraremos pasalo ben todos xuntos. Ahhhh! A invitación tamén é para as/os profes, para agradecerlles a súa colaboración e participación nas actividades da biblio.
Non vos esquezades de cantar a miña canción! Ata ese día, mándovos moitos bicos ratunos:

PUCA

1 jul 2010

ORLA 2009-2010

Antes de pechar por vacacións, queremos despedir ao alumnado de 6º que este curso nos deixa. Desexámoslles moita sorte na súa nova andaina e dicirlles que esperamos as súas visitas.
Unha aperta moi grande de Puca.

                   

12 jun 2010

LECTURAS PARA O VERÁN

Como PUCA non quere que deixemos de  ler no verán, preséntanos este folleto con recomendacións moi interesantes, tanto de lectura como de música.
¡ Que o pasedes ben!

OS AGASALLOS DE PUCA

Como xa sabedes, celebramos o cumple de Puca cunha gran festa ( seguro que vístedes as fotos no blog), o que non vos ensinamos foron os agasallos que a homenaxeada recibiu. Foron moitos e variados pero aquí vamos mostrarvos unhas poesías do alumnado de 5º e 6º curso.
Visto o cariño que as nenas e nenos do cole lle teñen á mascota, non é de extrañar que se quede tanto tempo na nosa biblioteca!

Puca é unha ratiña
moi resalada
é agarimosa
e tamén ordenada.
Ten a biblioteca
tan recollida
que grazas a ela
temos máis visitas.
Eu quixera verte
algún destes días
para tirarche das orellas
como tu querías.
Sempre me vas
moi ben arreglada
cun bon chaqué
e unha garavata.
Xa me teño
que ir despedindo
e entón mándoche
un dos meus biquiños.
   ( Claudia, 6º curso)

¡Feliz aniversario!
che digo
meu ratiño,
non cargues con tantos libros
que se che caen
aplástanche o rabiño.
Xa queda pouco tempo
para o teu gran día,
que ilusión,
que emoción,
está nervioso
o teu corazón?
Baila, ata marearte,
come, ata fartarte,
ri, ata que se che canse a boca,
pásao ben ata que remate o día,
non deixes de disfrutalo
aínda que che doia a barriga.
Aquí remata
o meu agasallo,
espero que che guste
haberme escoitado.
( Paula, 6º curso)



Estas son unhas poesías das nenas e nenos de 5º curso

31 may 2010

CELEBRAMOS O CUMPLE DE PUCA



Chegou o día do cumple e celebrámolo por todo o alto. Hoxe foi unha tarde especial, as nenas e nenos léronlle a Puca poesías, contos e cartas que lle escribiron. Deixáronlle debuxos, cantaron cancións e ao final todos lle cantamos a súa canción,ademais do cumpleanos feliz. Tamén houbo entrega de diplomas aos devoradores de libros: Alexis de 3º, Amanda de 1º e Claudia de 6º. E como non podía faltar, a tarta! Ummmm, de chocolate!!!
¡ FELICIDADES, PUCA E GRAZAS POR ESTAR ENTRE NÓS!