21 sept. 2016

EMPEZAMOS O CURSO CON MOITAS ALAS ...DE VIDA

Benvidos a todos os que nos seguides no blog! 
Ainda que polo de agora estivemos caladiños, non quere dicir que estivésemos inactivos! Ao contrario, estamos preparando as actividades deste novo curso,axudándolle a Puca coas mochilas viaxeiras, os itinerarios, preparando a biblioteca para o día da apertura que será próximamente...De seguro que loguiño vai chegar unha carta de Puca ás clases informándonos de todas as novidades, así que non adiantamos máis nada!!!
O que si queremos contarvos é a actividade que realizamos onte no cole, pero empezaremos polo comenzo.
O vindeiro sábado día 24 de setembro vaise celebrar en Burela a
Carreira Solidaria 2016 ALAS DE VIDA



organizada por DEBRA (Asociación de Epidermolisis Bullosa de España, unha entidade sin ánimo de lucro formada por personas afectadas por EB ou coñecida vulgarmente por "pel de bolboreta". 
Como no colexio temos unha nena afectada por esta enfermidade, e a petición de pais e nais voluntarios, quixemos tamén , poñer o noso gran de area decorando o cartaz do tren que con moitas alas e moita vida, vai percorrer o paseo de A Marosa, en Burela, para traer de volta a todos os nenos e nenas que se animen a facer a marcha. 
Coa axuda das mamás, pintamos as nosas mans de témpera para logo estampalas na tea azul, formando fermosas bolboretas. As nenas e nenos maiores decoraron as letras e o resultado foi uns fermosos cartaces,como podedes ver nas imaxes.





Aproveitamos para poñervos o vídeo promocional desta carreira e invitarvos a todos a que participedes, si non pode ser na carreira, podedes facelo na marcha, que ten un percorrido moi fermosos e relaxado e á volta podedes vir en tren!!! Sairá da Praza da Mariña aás catro da tarde e podedes inscribirvos en 
   www.empa-t-com 

No hay comentarios: