DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Estas son unhas imaxes dun traballo que fixo Mar, unha alumna de 4º, sobre un libro de Bat Pat. É o que nosoutros chamamos " ficha de animación á lectura", unha creativa maneira de recomendar este libro aos compañeiros.
Para celebrar o dia da Ciencia en Galego fixemos un esperimento chamado "O misterio das velas". Consistia en poñer tres velas de distintos tamaños nunha tapa, despois encendïmolas e as tapamos cun recipiente de cristal para ver cal se apagaba primeiro.
O que pasou foi que primeiro apagábase a máis grande porque a combustiòn das velas consume osixeno e o dióxido de carbono acumúlase na
parte superior.
3º curso
Estas son unhas imaxes dun traballo que fixo Mar, unha alumna de 4º, sobre un libro de Bat Pat. É o que nosoutros chamamos " ficha de animación á lectura", unha creativa maneira de recomendar este libro aos compañeiros.
Este é un traballo que fixo Paula, unha alumna de 5º, sobre a boneca Mariquita Pérez.
E agora outro de Inhoa, tamén de 5º, sobre a Queimada de Cervo.
Tamén os podedes ver na páxina do blog titulada ESCRIBIMOS
Ola, somos os nenos e as nenas de 1º curso, hoxe mentras estabamos na nosa aula escoitamos ruídos de máquinas no noso xardín, a curiosidade levounos ata a ventá e OHHHH!!!!!!!DESILUSIÓN!!!!!!!!!Levamos unha sorpresa nada agradable. Queremos compartir con todos vós como nos sentimos, porque sabemos que nos entenderedes perfectamente, pero sobre todo é como unha homenaxe ao noso vello amigo COLORÍN
As historias de Paula e de Carmela xurdiron despois de traballar o cadro do Guernica de Picaso, polo Día da Paz.
O CABALO NADADOR E AS AVENTURAS DEBAIXO DO MAR
Nos frios invernos do 2007 existía un cabalo que quería aprender a nadar .Un dia dixo:
-Ppppp,este frio coma sempre bueno aprenderei a nadar pola miña conta. El, que se tirou ao mar nunha semana aprendeu a nadar e en dous dias a bucear .Cando se somerxeu ao seguinte dia veu peixes,tiburóns e o mais sorprendente que coñeceu a dúas sereas moi amables.Despois dun ano dixeron as sereas:
-Aquí non hai quen viva!!nen sequera hai papel hixienico ou micrófonos para cantar, pero mais importante é que non hai wateres!!!!!!!!!!!!!
-Bueno non te pases que somos sereas- Dixo a outra.
-Aquí hai que facer unha casa mais grande . Dixo Rubio, o cabalo.
-Vale farémola. Eles fixérona e ali viviron con Rubio o cabalo.
e que non se me olvide, que viviron millóns de aventuras.
FIN. Paula de 4º
A MORTE CHAMOU Á PORTA
O día 25 de abril de 1937,eu Elena cumplín 17 anos a miña familia e os meus amigos viñeron a celebralo, veu Rosa a miña veciña,coa súa filla María,a nena non ten nin un ano. A miña irmá que ten sete anos está a axudarlle a miña nai na cociña; o meu pai está na corte co cabalo e o touro porque mañá vai ir ó mercado vender o touro.Veu tamén un neno chamado Xavier, que se vai ir a Francia co seu pai e hoxe é o último día que pasa aquí,en Guernica,onde eu vivo.Como a miña casa é moi grande ofrecinlle que quedara ata mañá pola mañá.( mañá sería o 26 de abril de 1937).
Todo era normal, e eu coma sempre, levanteime fun espertar a Xavier e fomos almorzar,cando a miña irmá pequena se levantou dixo:
-Elena, presinto que hoxe algo malo vai pasar.
Eu rinme dela, pero á 1:30 a morte chamou á porta,unha bomba caeu cerca da cidade,despois outra preto da casa de Rosa. Toda a cidade tiña o medo no corpo.Pensabamos que na cidade estaríamos a salvo da Guerra Civil, pero resulta que fomos a primeira cidade do mundo que foi bombardeada por avións nacis.Os paracaidistas nacis baixaron dos avións cargados de armas, os que non morreron preparáronse para a guerra, eu escondinme coa miña irmá dentro da casa pero unha bomba alcanzounos e empezou a arder todo a miña irmá morreu nos meus brazos; á miña nai matouna un francotirador naci e a o meu pai matarono e trocearono;a miña veciña Rosa,suicidouse a causa de que a súa filla morreu,eu estou nun campo, lonxe do perigo co meu amigo Xavier, a el fáltanlle as dúas mans e a min a man esquerda e unha perna.
FIN
Carmela 6º
PAREADOS
Para Paula, comprar a xaula.
Para Mar, comer calamar.
Para David, cazar a perdiz.
Para Elías, comer xudias.
Para Denís, beber anís.
Para Dael, escribir no papel.
Para Alexis, xogar con Obélix.
Para Nina, ser heroína.
Nina 4º
Para Paula, unha aula.
Para Mar, un micrófono para cantar.
Para David, unha lombriz.
Para Elías, unhas cantas manías.
Para Denís, un "petisuis".
Para Dael, un pastel.
Para Nina, unha tirolina.
Para Alexis, moitos pasteis.
¡E para María, todo esto nun día!
MAR.4º

