Cada 20 de novembro,
celebramos o Día Universal da Infancia. Este día está adicado a
tódolos nenos e nenas do mundo e serve para celebrar os avances
conseguidos no referente aos seus dereitos, mais tamén serve para
chamar a atención sobre a situación daqueles pequenos que se atopan
máis desfavorecidos. Dar a coñecer os dereitos da infancia e
concienciar a todos da importancia destes dereitos, o benestar dos
pequenos e o respecto polas persoas nos seus primeiros anos de vida,
cando son máis vulnerables, é de suma importancia, pois segue
habendo nenos e nenas pasando por situacións problemáticas e de
necesidade.
Por que o 20 de
novembro?
A Asemblea Xeral da
ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno o 20 de novembro de
1959. Esta declaración non tiña carácter vinculante de maneira
legal e non era suficiente. Despois de anos de negociacións con
gobernos de todo o mundo, ONGs, líderes relixiosos e outras
institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os
Dereitos do Neno o 20 de novembro de 1989. Os puntos acordados nesta
convención son de obrigado cumprimento para todos os países que a
firmaron.
O Día Universal da
Infancia fomentamos a fraternidade entre todos os nenos e nenas do
mundo e promovemos o seu benestar. Neste día recordamos que os nenos
son o colectivo máis vulnerable e o que máis sufre as crisis e os
problemas do mundo.
Adicar un día
internacional á infancia serve para concienciar sobre as necesidades
dos máis pequenos e seguir traballando para que teñan un futuro
mellor. Tamén para recordar que todos os nenos teñen dereito á
saúde, á educación e á protección, independientemente do lugar
do mundo onde naceran.
UNICEF é
a principal organización internacional que se encarga de protexer os
dereitos da infancia e conseguir cambios reales nas vidas dos nenos.
No blog temos moitos recursos para traballar este tema, así que vos remitimos a este enlace:
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
E mentras tanto, podedes escoitar este rap en galego sobre os dereitos dos nenos e das nenas!!
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
E mentras tanto, podedes escoitar este rap en galego sobre os dereitos dos nenos e das nenas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario