22 nov 2017

PROXECTO DE FORMACIÓN EN CENTROS (PFPP): A DIDÁCTICA DA ROBÓTICA E A LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN MINDSTORMT

A maioría do claustro de profesores do Colexio de Cervo vimos  participando por varios anos consecutivos, nun Proxecto de Formación en centros ( PFPP). O deste curso é continuación do anterior:, posto que seguimos aprendendo e practicando coa robótica, dende que  se nos  concedeu  o Proxecto Escornabots  o curso pasado.
Este ano seguímolo levando á práctica, sobre todo nos cursos máis baixos e na área de Libre Configuración, ITI ( Información e Tratamento da Información), en  4º e 6º de Ed. Primaria. Pero agora,  ademais de traballar cos Escornabots e a súa linguaxe de programación Arduíno, facémolo cos robots LEGO e a súa linguaxe Mindstorms. 
 



Nas sesións do PFPP recibimos formación de Margarita López Periago, profesora do IES Perdouro de Burela e pouco a pouco imos mellorando os nosos coñecementos sobre o tema.Tamén elaboramos material para as aulas,un Puca quere saber sobre...

A DIDÁCTICA DA ROBÓTICA E A LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN MINDSTORMT

Porque Puca é moi curiosa e quere saber de todo, entón fixémoslle un arranxo da súa canción para ser interpretada polo robot. De momento quedou conforme e non nos pediu nada máis!!





Tamén imos practicar coa impresora 3D e despois da nosa fase de formación, queda por aplicalo nas aulas co alumnado de 5º e 6º. Iso será a partir do 2º trimestre. De momento " progresamos adecuadamente"!!
Aproveitamos para agradecerlle a Marga a súa axuda, paciencia e sempre boa disposición para colaborar con nós e co Colexio sempre que llo pedimos! Unha aperta moi grande!

No hay comentarios: