Cada mes de novembro conmemorase o Día
Internacional contra a Violencia de Xénero.
Actualmente está no orde do día de calquera
medio de comunicación a problemática contra a violencia de xénero, escoitando
diferentes casos a diario. A educación é a mellor ferramenta posible para
cambiar esta situación e crear entre todos unha mellor sociedade onde os nosos
pequenos serán adultos.
É moi importante que todos colaboremos nos
machismos que aparecen no día a día, como pode ser, nas festas que se van
celebrar proximamente, a diferenza entre xoguetes para nenas ou xoguetes para
nenos. O que importa é a ilusión!
Ademais dos recursos recompilados nos últimos
cursos, que podedes atopar no enlace da dereita chamado "Educación en
Valores", este ano no cole de Cervo, ademais das actividades realizadas
nas diferentes aulas, imos conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de
Xénero interpretando unha canción chamada "Chea de Vida" de Ghaudi
Galego. Esta é a súa letra:
Voltar
á terra que vos viu nacer
onde os pobos deixan ver
limpo e mais limpo solpor
Voltar,
onde a pedra viu medrar,
onde as rúas estreitan,
onde os bares non fechan.
Estarei subindo a unha montaña
Estarei buscando a sombra dunha parra
Estarei, estarei, estarei.
Chea de vida
Chea de vida
Chea de vida
Voltaremos
vernos noutro momento,
Voltaremos vernos, como un memento.
Voltaremos vernos, por fora e por dentro.
Voltaremos vernos,
en silencio, con respecto.
En silencio, sin pretensións.
En silencio
En silencio
o venres, ás 11:30, xuntarémonos todos para cantala. Agardámosvos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario