16 ene 2020

30 DE XANEIRO, CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


EDUCACIÓN EN VALORES

Xa temos aí a data do Día da Paz, tal e como nos di Puca na súa carta. Para celebralo temos varias propostas: vir caracterizados de hippies como en cursos anteriores, facer un mural colectivo cun deseño da Paz, investigar como pode influir o cambio climático na paz a través dun Puca quere saber relacionado cos OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE da axenda 2030 da ONU...
O día 30 teremos unha xuntanza para reflexionar sobre a paz e a xustiza, a través dun manifesto do alumnado voluntario da Biblioteca, en relación cos obxectivos 13 e 16 da axenda 2030. Nesa mesma xuntanza haberá unha fermosa actuación musical a cargo dun grupo de compañeiros e compañeiras do cole.
En fin, moitas e variadas actividades para esta data!
Lembrar que podedes atopar máis recursos no blog, recompilados ao longo do tempo, premendo no enlace seguinte:
Iremos subindo máis propostas e actividades a medida que se realicen.


No hay comentarios: