16 ene 2020

OBRA DE TEATRO " Unboxing Alice"

                              

A través da obra social de ABANCA, o día 17 de xaneiro o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria acudirá a unha obra de teatro en inglés na Casa da Cultura en Burela, titulada "UNBOXING ALICE",de OnStage Company. Da súa páxina extraemos o seguinte parágrafo:

"Xa pasou moito tempo desde que Alicia visitou Wonderland por última vez. Chegou o momento de actualizarse! Tweedle Dee e Twee Dum sóbense ao carro dos youtubers e serán os encargados de guiarnos por unha viaxe desternillante para desvelarnos a verdadeira natureza de Alice. Todo un « unboxing vídeo». Esta obra de teatro articúlase a partir da participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés."

Proximamente contarémosvos como foi a obra!

No hay comentarios: