23 abr 2020

A MICRORREDE # QUEDA NA CASA


Como vimos facendo os últimos cursos, moitos dos centros educativos da Mariña que nos atopamos no PLAMBE aunamos esforzos a prol duns obxectivos comúns como son visibilizar o papel das Bibliotecas Escolares na nosa sociedade, exercer de motor cultural e compensador de desigualdades para as nosas comunidades educativas.

Este ano tiñamos previsto levar a cabo a novena edición da Exposición da Microrrede da Mariña baixo o lema “Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo” durante a semana do 11 ao 14 de maio, en relación ao tema das bibliotecas escolares de Galicia: “Biblioteca Escolar, Viveiro de cidadanía”. Para isto estivemos realizando diversas xuntanzas ben cargadiñas de ilusións.

Por desgraza debido á situación actual vémonos na necesidade de aprazar ata o vindeiro curso estas actividades, que retomaremos con esperanza e forzas renovadas para o vindeiro curso 2020/21. Para animarvos a todos e todas queremos deixarvos aquí unha mensaxe de ánimo a través do seguinte vídeo colaborativo e recordarvos que este ano A Microrrede da Mariña tamén queda na casa. Moita forza e saúde!


No hay comentarios: