22 abr 2020

DÍA DO LIBRO:APADRIÑAMENTOS LECTORES EN ÉPOCA DE CONFINAMENTO.

Como todos sabedes, hoxe 23 de abril, é Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e tal e como nos indica a UNESCO, hoxe máis que nunca, nun momento en que o noso Colexio está pechado e debemos quedar na casa, podemos empregar o poder da lectura para combatir o illamento, estreitar vínculos entre as persoas, expandir os nosos horizontes, á vez que estimulamos as nosas mentes, a nosa imaxinación e a nosa creatividade.
Cada ano neste día xa é tradición entre a comunidade educativa, celebrar o Apadriñamento Lector, unha actividade que nos gusta e nos volve locos de emoción.Este ano non o podemos facer de maneira presencial, pero os APADRIÑAMENTOS serán VIRTUAIS!
Fai varios días  lanceivos dous desafíos, o primeiro deles consistía en que elixirades o voso libro favorito entre os da vosa biblioteca persoal, esa que fomos creando e mimando día a día dende que nacimos e ao longo dos anos. Logo pediavos  un pequeno audiovisual lendo un anaco  en voz alta.
E coma sempre, non deixades de sorprenderme  e de facerme feliz! Non podo estar máis ORGULLOSA... a participación foi espectacular! Gocei enormemente escoitándovos e vivindo moitas aventuras, a pesar de non poder saír de aquí...porque xa sabedes...#pucatamén quedanacasa.
Grazas por estes fantásticos traballos que fan de BIBLIOCERVO unha das #bescolaresgalAbertas de Galicia.
E aquí temos os vosos espectaculares vídeos coas lecturas favoritas!! Mirade que ben o facedes. Moitos bicos lectores...e moitas grazas por participar!!



























No hay comentarios: