23 abr 2008

Primavera do libro

Na Primavera do libro imos traballar a poesía, para eso fixemos unha selección de poesías de X.M. Álvarez Blázquez, de Marica Campo, de Lorca e de Machado. Vámolas ir dando a coñecer pouco a pouco. Hoxe presentamos esta de Lorca adicada a Rosalía de Castro. Agardamos que vos gusten. Felices versos.

CANZON DE CUNA PRA ROSALIA CASTRO, MORTA

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

Os arados van e vénden
de Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubes teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

Federico García Lorca (1919)

No hay comentarios: