14 may 2008

PUCA, A MASCOTA DA BIBLIOTECA

A mascota da biblioteca por fin se presenta polas clases!!!! Escribiulles unha carta a todos os seus amiguiños e amiguiñas que vos poñemos aquí, xunto coa súa foto. Como veredes, o seu nome é PUCA. ¡¡¡Benvida, PUCA !!!

Esta é a carta de presentación de PUCA:




O Recuncho do Lecer, 15 de maio de 2008

Hola amiguiñ@s:
Seguro que xa me coñecedes de verme pola biblioteca e agora tamén na vosa aula. Si, son a moscota da biblioteca, xa levo tempo por alí, pero nunca me atrevín a escribirvos porque non sabía como me ía presentar a vosoutros, xa que non tiña nome. Pero agora ¡¡¡ por fin!!! Xa o teño e todo grazas a que @s nen@s me axudástedes a buscarme un e a crear a miña historia.
Os nomes que me queriades poñer gustábanme case todos, bueno, uns máis ca outros…Pero este que elixín pareceume moi orixinal e fácil de lembrar e ademáis non se parece a ningún nome dos meus colegas, os outros ratiños. Estaredes pensando ¿Cal é ese nome? ¡¡¡Dínolo xa dunha vez!!! Pois aí vai: PUCA ¿A que vos gusta? Espero que así sexa porque a partir de agora voume poñer en contacto con vós cada vez que teñamos algunha nova na biblioteca. Así que estade atentos á cortiza onde estou eu, que de vez en cando aparecerá algunha notiña.
Logo virá á vosa clase un neno de 3º para contarvos a miña historia.
Ahhh!!!! Gústame moito como me estades decorando, son un rato moi elegante.
Saudos e espero vervos pola biblioteca moi a miúdo.

Chuchos e apertas de:

PUCA

No hay comentarios: