6 jun 2008

ALCOA COLABORA CO COLEXIO


Grazas a colaboración de ALCOA temos nas aulas unha serie de recursos dixitais tales como pizarras dixitais, tables pcs,portátiles e canóns.

O pasado 29 de maio celebramos o acto de presentación á comunidade educativa deste proxecto de Incorporación das TIC ás aulas. Asistiron as familias, representantes de ALCOA, a inspectora da zona, o alcalde de Cervo e demais autoridades.

Fíxose un percorrido polas aulas onde está este material e mostróuselles as posibilidades que ofrecen estes recursos dixitais. Tamén lles ensinamos os contidos deste blog. Todos quedaron gratamente sorprendidos e con envexa de non poder volver á escola para disfrutar dunha ensinanza moi diferente á súa.

No hay comentarios: