Empézase a notar nas árbores que o rodean, que se van tinxindo de amarelo, de marrón, de cores cálidas típicas desta época do ano.
Con el tamén chegan as labouras e actividades propias: o magosto, a esfolla do maíz, os cogumelos, o Samaín, etc. etc. De todas as actividades que realicemos no cole iredes tendo novas...
Hoxe mostramos unhas fotos das árbores do xardín e un poema de Manuel María sobor do outono. Agardamos que vos gusten.
OUTONO
Galicia é un Outono puro e bon,
un río que decorre mansamente,
lume abrasador, fértil semente,
futuro presentido e en sazón.
E foi labrando o tempo-luz-paixón,
o seu ser escuro e trascendente
luíndo o corazón de toda a xente
e conformando a terra e o terrón.
Galicia é unha agarda moi madura
que non permite prazos, dilacións,
estancamente, freo ou coutadura.
¡Abonda xa de laios e cancións!
¡Non queremos ser ríos de tristura
correndo pola vida a tropezóns!
O idioma somos nós, pobo común,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herdanza secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.
Manuel María
No hay comentarios:
Publicar un comentario