21 oct 2008

PERCORRIDOS, artes plásticas da mariña




"Percorridos" é unha exposición colectiva e nela participan unha trintena de creadores, dende mestres como Juan Puchades a algúns dos denominados " novos valores", como é o caso de David Rodríguez...
Trátase tamén dunha mostra " descentralizada" pois , ademais de promover a arte actual nunha zona afastada até hai algúns anos dos círculos artísticos tradicionais, as obras espállanse en tres espazos expositivos que constituen outros tantos eixos xeográficos da bisbarra mariñá: Mondoñedo, Cervo e Ribadeo...

Os anteriores son parágrafos que copiamos do folleto publicitario da exposición e que nós visitamos a semana pasada. Estivemos co artista Mauro Leivas, quen nos explicou un pouco do que se vía no vídeo que nos puxo.
Na sala de exposicións municipal de Cervo había poucas obras expostas e a algúns dos artistas xa os coñeciamos, por exemplo, a Celso Dourado, Mauro Leivas, Xoán Guerreiro, Vizoso, ...Pero sempre é interesante participar nestas actividades.

No hay comentarios: