16 nov 2008

O MAGOSTO


Canta actividade tivemos esta semana! día do peón, saída a Sotavento, o magosto que celebramos o xoves...
Os nenos e nenas de infantil pola mañá foron a un pequeno souto que hai preto do colexio. Pola tarde, todo o colexio a xogar: encestar castañas, buscalas nun saco cheo de serrín, levar unha castaña na fronte por parellas, un circuito a pata coxa recollendo ourizos... E logo comer as castañas que asaron os papás.
Unha tarde ben completa! Aquí o podedes comprobar


No hay comentarios: