21 nov 2008

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Gústounos moito o obradoiro de elaboración de instrumentos musicais. O profesor, Xaneco, era moi bo e os instrumentos moi divertidos.
Fixémolo todo a man, con noces, avelás, puiños...
Os instrumentos que fixemos chámanse Rin-Ran ou Ruxe-Ruxe, O Galo, O Carallete, O Mirlitón, o asubío e o Taranqueixo.
O Rin-Ran está feito con dúas noces e con dous paus, un mais grande ca o outro, un fío e cola. Tócase collendo a noz de abaixo e tirando do pauiño pequeno que ten o fío atado.
Recomendámosvos que faigades este taller, a nós gustounos moito e pasámolo moi ben.

Escribe esto PUCA e o Alumnado de 5º e 6º que participaron neste obradoiro.
Podédelos ver neste enlace:

No hay comentarios: