Fairy Oak é un pobo máxico onde viven fadas, magos, bruxas e cidadáns normais, nas súas casas de pedra dende fai tanto tempo que xa ninguén se fixa nas rarezas dos demáis. Despois de tanto tempo convivindo, todos se parecen un pouco, todos agás as fadas , que son moi pequenas,luminosas e voan. Os magos e as bruxas do val mándanas chamar para que coiden aos pequenos do pobo. A historia do libro está contada por unha delas: Feli, a coidadora de dúas nenas xemelgas...
Este libro é o 1º dunha triloxía: El secreto de las gemelas. A súa autora é Elisabetta Gnone, tamén o é das historietas de W.I.T.C.H.
Carmen de 4º curso recoméndanos este libro porque ten unhas ilustracións preciosas e ademáis ten misterio e fantasía.
Ficha técnica
Fairy Oak. El secreto de las gemelas.
Autora: Elisabetta Gnome
Editorial: Mare Nostrum
ISBN: 9788496391567
Aínda non o temos na biblioteca, pero si tedes interés en saber máis consultade esta páxina Fairy oak
No hay comentarios:
Publicar un comentario