Antes das vacacións de Nadal estivemos vendo unha película moi bonita que hoxe vos queremos recomendar. Trátase de Azur & Asmar, dous nenos que foron criados pola mesma muller: Azur, de cabelos loiros e ollos azuis, era fillo dun noble; Asmar, moreno e de ollos negros, era o fillo da nodriza. Os dous criáronse xuntos como si fosen irmáns, ata que o destino os separou dunha forma brutal. Azur, motivado polos contos que a nodriza lle contaba sobre a lexendaria Fada dos Djins, non descansará ata atopala. Cando xa eran adultos os dous e convertidos en rivales os que foran coma irmáns de sangue, embarcáronse na búsqueda de máxicas teras, cheas de riscos e de prodixios.
A película ten uns escenarios que nos recordan a Alhambra, a Constantinopla...É un canto a amistade, a tolerancia que nos serve para ir preparando a conmemoración do Día da Paz. Recomendamos que a vexades, seguro que vos gustará!
Si queredes saber máis cousas dela, visitade esta páxina, nela atoparedes xogos, música, debuxos para colorear...
PUCA
No hay comentarios:
Publicar un comentario