8 feb. 2009

AS MAMÁS E OS PAPÁS CONTAN CONTOS



Que se voten a temblar os animadores e contacontos!!!
No noso cole acabóuselles o choio, menudas animadoras descubrimos.
Nin máis nin menos que mamás e papás viñeron a biblioteca para contarlles contos as nenas e nenos de infantil e non hai máis que fixarse nas imaxes e ver as caras de todas e todos para comprobar que a experiencia foi todo un éxito e que ademais xa crearon escola pois por aí vemos a Elena de 3 anos convertida nunha gran animadora.
Queremos dar as grazas a Suso, Elisa, Noemi e Flor por facernos pasar uns momentos tan entretidos e tamén aproveitamos para animar as demais nais e pais a que veñan por aquí para compartir o seu saber contar. PUCA

No hay comentarios: