Lembrades que fai uns días falabamos algo dun atrapador de contos? Pois onte tivemos a visita dun no colexio, Anxo Moure. Estivo con todo o alumnado repartido en tres sesións e agora xa sabemos algo máis deste personaxe. Aquí mostramos algunha definición del que nos escriben unhas nenas de 4º:
"É unha persoa que ten atrapadores de contos, atrápaos e despois cómeos, así alimenta a súa imaxinación .Tiña unhas marionetas para contar historias, un instrumento para ver o corazón das árbores e moitas cousas máis, a min gustoume moito e paseino moi ben".
Laura"Un atrapador de contos é divertido e sabe moi ben coidar o bosque. O que veu onte ao colexio atrapaba contos de amor . Para min é fácil ser atrapador de contos".
Alba
Próximamente poñeremos máis definicións e imaxes para que vos faigades unha idea...
Aquí tedes unha presentación. O prometido é deuda!
No hay comentarios:
Publicar un comentario