21 abr 2009

APRENDEMOS COUSAS DAS PATACAS

A clase de 4º decidiu plantar patacas na súa parcela do invernadoiro.Algúns sabían xa cousas sobre elas, por exemplo Simón contounos que as había de moitas clases e que facía falta esterco ou guano para botarlles e que as había que plantar sempre co xaramolo cara arriba. Cristina dixo que antes de plantalas, había que cortalas en talladas e metelas en area para que se conserven e non se estropeen...
Pero...tiñamos outras dúbidas que resolver, por exemplo:





  • Como debe estar a terra para ser plantadas.

  • Cal é o froito da pataca.

  • De onde proce a pataca e como chegou aquí.

  • Que clases de patacas hai e cales se dan mellor en Galicia.

  • Por que se lles chama patacas vellas e patacas novas.

  • As enfermidades que teñen.

  • Cal é o seu valor nutritivo.

  • En que minerais son ricas.

  • Para que serve o xaramolo.

E moitas máis cousas que ían xurdindo.¿E onde podiamos atopar as respostas? Como xa preguntáramos aos avós e avoas, quedábanos a biblioteca. Alí tiñamos os libros e internet. A profe deunos un folleto coa información que queriamos atopar e puxémonos mans a obra. PUCA, que é moi curiosa, tamén quería saber cousas da pataca.

Logo de enterarnos ben, trouxemos patacas da casa, cortámolas en talladas e botámolas no invernadoiro. Plantámolas baracas e desirée. Como nos sobraba sitio, tamén puxemos uns pementos.

E aquí tedes o resultado, mirade que boas van!!! Cando as apañemos faremos unha tortilla no comedor para probalas. Bueno, as parcelas dos nosos veciños tamén da gusto velas!!!

Saúdos da clase de 4º






























No hay comentarios: