26 abr. 2009

VISITAMOS SANTIAGO




O pasado venres 24 de abril, fixemos unha visita a SANTIAGO DE COMPOSTELA os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. No cole preparamos un pouco esta visita coa elaboración dun folleto con preguntas sobre Santiago e os sitios que visitariamos.
O tempo non nos axudou moito porque nos choveu, sobre todo pola mañá, de camiño a nosa primeira visita que foi a GALICIA DIXITAL.
A quí pasámolo moi ben , sobre todo na montaña rusa e na carreira de carrilanas, onde houbo quen ata rompeu as uñas de darlle coas mans ás rodas da carrilana.
Despois de divertirnos en GALICIA DIXITAL percorremos as rúas de Santiago ata chegar ao MUSEO DO POBO GALEGO, Pasando antes pola PLAZA DA QUINTANA onde vimos o PAZO DE RAXOI e fixemos fotos diante da CATEDRAL, ata vimos unha manifestación que para os que non estamos moi afeitos a velas, foi unha novidade.
Chegamos ao MUSEO DO POBO GALEGO a nosa 2ª visita, alí visitamos algunhas das salas permanentes, tales como a do Mar e a do Campo e logo tiñamos pensado comer no parque que está alí cerquiña, pero como chovía tivemos que cambiar de planes e buscar cobixo nunha área comercial. O cambio non estivo mal, porque despois de comer tivemos tempo libre para dar unhas voltas por alí.
Ás catro visitamos o CENTRO DE ARTE CONTEMPORÁNEA: os de 2º ciclo a exposición PEQUENA HISTORIA DA FOTOGRAFÍA e os de 3º ciclo PORTAS DE LUZ. UNHA ACHEGA Á ARTE E Á CULTURA DA GALICIA DOS SETENTA, que nos gustaron moito tanto unha como outra.
E xa voltamos para Cervo, pois aínda tiñamos unhas dúas horas e media de viaxe. Pero no autobús tamén o pasamos moi ben...Un día ben completo!
Recorda que as palabras destacadas levan enlaces a páxinas con máis información, preme nelas para poder velas.






1 comentario:

nardo dijo...

Esta debeu ser unha excursión moi guai, basta ver a cara de satisfacción destes rapaces, sobre todo en galicia dixital.deberiamos ter un colexio que tódolos días fosen así.