30 abr 2009

PUCA TAMÉN LE...















¿Pensabades que no colexio non fixeramos nada para celebrar o Día do Libro? Claro, como non vos contabamos nada...Pois estabades equivocados! Participou todo o mundo e senón mirade as imaxes: as nenas e nenos do 1º ciclo fixeron dúas PUCAS en tamaño grande. Unha vestírona e sentárona nunha cadeira co libro do Patiño Feo, para que lea os contos de Andersen, colocárona no corredor da entrada do colexio. A outra, moi pintadiña e morena como si fose ao solario, está na biblioteca.
¡¡Mirade que contentas están lendo!!
¿ Cal vos gusta máis?
Pero fixemos máis cousas:
En cada clase as nenas e nenos recoméndáronse libros e prestáronos.
Traballouse a educación documental a través da realización dun folleto sobre o Día do Libro onde había que buscar a información en varias fontes.
Fíxose unha exposición de libros " especiais" en colaboración coas familias. Aqueles que quixeron participar, trouxeron un libro que para eles ou para a súa familia é especial, por antiguo, por terlle especial cariño, por...moitos e variados motivos. Cubriuse unha ficha de cada libro cos datos e explicando porque é especial.
O profesorado participou traendo libros para recomendar e prestarse entre si. Un dos que foi máis folleado e solicitado é o titulado " Sabios consejos para mantener la calma". ¡Moi significativo!Máis fotos ...











2 comentarios:

Mik dijo...

Chulísimas as dúas PUCAS, non sabería cal escoller. Parabéns por tantas e tan boas actividades para celebrar o Día do libro!!
Unha aperta

Niño da Curuxa dijo...

Ola! Son a Curuxa da Biblioteca do CEIP os Muiños. Nós tamén temos un blog (www.ninhodacuruxa.blogspot.com), e queremos agasallarvos cun Blog Maneiro, para que sigades traballando tan ben como ata agora. Unha aperta!