16 abr 2009

UN DÍA DE PESCA


A Rafa, un alumno de 4º, gústalle moito ir de pesca e quixo contarnos o ben que o pasa indo co seu pai e o seu avó, ademáis fíxonos un debuxo para ilustrar a narración. Moitas grazas pola colaboración.


UN DÍA DE PESCA

A min, a meu pai e a meu avo, gústanos moito ir pescar. Aproveitamos tódolos días que o mar está bon, erguemonos cedo, comemos o almorzo, poñémola roupa, eso si, hai que ir ben abrigado.
Unha vez que estamos listos collémolo coche e imos ao porto de Viveiro. Asi que estamos na lancha, arrincamos o motor, desatamos os cabos, encendémolas luces e zarpamos ao mencer rumbo a illa Coelleira que é onde máis nos gusta ir pescar, de feito é o sitio ao que máis imos.
Meu pai ten unhas marcas moi boas de peixe, alí hai: robalizas, corriolo, bambas, agullas. Mentras nós pescamos, miña avoa fai a comida e miña nai limpa a casa.
Nós acostumamos ir pescar os fins de semana ou nas vacacións. En inverno collemolo camarón e imos pescar a fondo as maragotas, xullas,congrios… Algunhas veces pican peixes pequeniños ou velenosos que tiramos outra vez a o mar.
A min gústame moito pescar á cacea máis que nada, aínda que tamén me gusta moitísimo pescar o corriolo a chibo. A meu pai gústalle pescar a tódalas artes, aínda que o que máis lle gusta é pescar a fondo.
Cando temos bastante peixe e se ven achegando a hora do xantar, voltamos á casa onde nos agardan miña avoa e miña nai. Cando chegamos, o primeiro que facemos é comer, logo meu pai, e meu avó lavan o peixe.Sempre repartimos para toda a familia. E así remata un día de pesca, pero sempre me queda a ilusión de cando volverá a estar bo tempo para volver a repetir a experiencia

Rafa, 4º curso

1 comentario:

BIBLIOCERVO dijo...

Parabéns Rafa pola túa composición, gustoume moite lela!!

Ademáis, comparto a afición túa e de teu pai, e sentinme moi identificado!!

*Manuel*