Maio é o mes das letras, da lingua,...A nosa non só é a lingua de poesías, de contos, de ensaios, música,...tamén é a lingua do cine. Grazas Julia do Ceip Mestres Goldar de Vigo, descubrimos unhas estupendas curtametraxes feitas por cineastas da Axencia Audiovisual Galega, a partir de relatos de autores homenaxeados outros anos polas Letras Galegas.
Deixovos o enlace as seguintes:
- Alistán, o demo ovelleiro, sobre un conto de Alvaro Cunqueiro.
- A xaguarana, sobre un escrito de Antón Avilés de Taramanco.
- A escola das Areas, Frai Martín Sarmiento.
Premede sobre a imaxe para poder velas. A fin de semana das Letras Galegas é unha boa oportunidade para disfrutar do cine galego en familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario