22 may 2009

NIN QUITO, NIN POÑO, Nº 9

Xa van 9 reedicións do xornal " NIN QUITO; NIN POÑO", un xornal que xurdíu aló polos anos oitenta e pico nun obradoiro de prensa que se fixo no cole e que precisamente recopilamos e mostramos na exposición de materiais feita polo 25 aniversario do colexio e que tantos recordos lles trouxo aos aniguos alumnos e alumnas.
Despois duns anos sen publicarse, no 2000 fixemos a 1ª reedición e a partir de entón, cada ano coincidindo polas Letras Galegas, o ENL saca un nº que se reparte ao alumnado e a toda a comunidade educativa.
As nenas e nenos esperan con impaciencia este nº para ver os seus traballos e hoxe ían moi fachendosos con el.
Grazas a estes novos medios, podemos mostrárvolo a tod@s os nosos seguidores. Esperamos que vos guste e que pasedes un intre divertido véndoo. Saúdos.

1 comentario:

Encarna dijo...

Pois si que nos gustou moito ver a novena edición do xornal: "Nin quito nin poño".
Parabéns polo voso traballo e a pola décima!!!
Saúdos dende Andrade-Pontedeume.