17 jun 2009

FESTIVAL FIN DE CURSO

Inmersos nun remate de curso moi incerto e axetreado, celebramos o FESTIVAL FIN DE CURSO e dámoslles o pistoletazo de saída aos de 5º e 6º para ir de excursión.
Esta vez cambiamos o Auditorio da Cerámica de Sargadelos polo Salón Actos do Concello. Coas actuacións tan variadas e divertidas ( bailes, interpretacións musicais, popurri de cancións dos paiasos da tele, programa televisivo de novas,... ) o público aplaudiu a rabiar.
Como artista invitada de excepción, como non, tivemos a PUCA. Nun privilexiado primeiro plano e cunhas maracas nas mans, non perdeu detalle das actuacións.
Pasouno tan ben que aproveita para darlles as gracias e a noraboa a tódalas nenas e nenos, por invitala e por facerllo pasar tan ben.
Unha aperta da súa parte!


No hay comentarios: