O sábado pasado, día 6 de xuño, foi a festa de Voz Natura. O noso colexio levou o Premio Provincial pola súa traxectoria de traballo ao longo destes anos en prol da mellora do entorno do colexio. Este curso o proxecto xiraba ao redor dos muiños do Río Xunco e das enerxías alternativas, ademais de seguir cos de anos anteriores, tales como a elaboración de mosaicos para a fachada do cole, o invernadoiro, o xardín, etc.
A biblioteca colaborou na realización deste proxecto realizando un traballo integrado que deu moi bo resultado, ampliáronse os fondos bibliográficos relacionados co tema, xurdiron dous blogs novos, elaboráronse dúas websquest, actividades para a pizarra dixital,...
Si queredes ver máis cousas relacionadas con este proxecto, visitade os blogs CAIXA DE COUSAS E NATURCERVO.
Na presentación de arriba vemos ao director, a Carolina de 1º e Joel de 5º recollendo os diplomas acreditativos.
O vindeiro martes día 16 viaxaremos ata O Grove para disfrutar dunha xornada chea de actividades en contacto coa natureza. Xa vos contaremos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario