21 jul. 2009

FLOR DE LÚA

Estes días oímos falar moito da lúa porque fixo 40 anos que o home chegou a ela. Non vamos a contar nada novo sobre este feito, pero si queremos compartir unha preciosa composición de Carlos Santana titulada MOONFLOWER ou FLOR DE LÚA. Podédela escoitar mentras ledes estas poesías que tamén teñen como protagonista á LÚA.


O INVERNO ESTÁ PRETO

A lúa está dormida.

A noite está a chamala.

A lúa está roncando.

A noite está enfadada.

Cobren sabas de prata

o seu leito salgado.

Hoxe xa non esperta;

segue cos ollos pechados.

Dorme a lúa no mar.

Sombras voan no ceo.

Pensa a noite,tristeira:

"O inverno xa está preto".

Antonio García Teijeiro."Lueiro de papel"

A LÚA

LÚA QUE SAES DE NOITE NÚA

¿ONDE TES A CASA TÚA?

LÚA NOVA OCULTA NA COVA.

LÚA CRECENTE MÉDRALLE UN DENTE.

LÚA MINGUANTE CAIRO DE ELEFANTE.

LÚA QUE SAES DE NOITE ESPIDA

¿ONDE DORMES DE DÍA?

XOÁN NEIRA."Xiz de cor".

2 comentarios:

Lila dijo...

Da gusto ver actividade no blogue aínda que sexa nas vacacións. Saúdos "puquiña"

Bibliocervo dijo...

Moitas gracias Lila, tamén da moito gusto "sentir" que hai xente por aí, polo espazo cibernético,ao tanto das cousas ...Unha aperta de Puca!!!