5 jul. 2009

OS VERMIÑOS DE SEDA



O curso xa rematou, pero aínda temos material que mostrarvos das moitas actividades que ao longo del se fixeron. Esta foi moi interesante: o estudo da metamorfose dos vermes de seda. Os investigadores foron as nenas e nenos de 3 anos, guiados pola súa profe Paquita , que seguiron o proceso destes animaliños día a día con moito interese e curiosidade. Ademais, traballaron nunha páxina que atoparon en internet moi interesante e da que vos deixo o enderezo:

Quedaron tan intrigados que dixeron que para o vindeiro curso retomarían o seu traballo. Mentras tanto, aquí vos deixo unhas imaxes e o enlace que podedes consultar e mesmo traballar nel.
Premede na imaxe do vermiño Bertín o tedes o enlace a esa páxina. Así aprenderedes moitas cousas do ciclo da vida dun verme de seda. Tamén volo deixo na parte dereita do blog, en recursos TIC.




Saúdos de PUCA.



1 comentario:

Bibliotics dijo...

Tés uns agasallos no meu blog. Espero que che gusten