29 sept 2009

"BUSCANDO AS NOSAS FONTES"

Fonte da Tella-Sargadelos



O proxecto de Voz Natura para este curso leva por título " BUSCANDO AS NOSAS FONTES". Un dos seus obxectivos é buscar e investigar sobre as fontes de Cervo.
Como pretendemos que a biblioteca traballe apoiando e facilitando o traballo das aulas, ocurríusenos que podiamos tirar por este camiño, amplialo: BUSCAR AS NOSAS FONTES históricas, culturais, folklóricas, ...ademáis das de auga potable.
Con todo o material que recopilemos, pretendemos mellorar a expresión escrita do alumnado, ensinarlle a facer esquemas, resumos, entrevistas, biografías, presentar un traballo correctamente, etc.
Deste xeito acadaremos un dos obxectivos básicos do noso Plan Lector para este curso: MELLORAR A EXPRESIÓN ESCRITA DO ALUMNADO e a biblioteca convertirase no eixe vertebrador e globalizador dun gran proxecto.
Para poñernos ao día e preparar todo, estamos creando un grupo de traballo que levará por título. " COMO MELLORAR A EXPRESIÓN ESCRITA A TRAVÉS DE PROXECTOS ".
Este é o noso plan para este curso, xa veremos como resulta! Teredes noticias!

No hay comentarios: