27 oct. 2009

CHEGA O SAMAÍN


Como di no cartel ¡ CHEGA O SAMAÍN! Si, o colexio e a biblioteca prepáranse para celebrar o Samaín. Para que vaiades facendo boca, pasade pola biblioteca e veredes o recuncho que PUCA nos preparou con moitos libros e contos de medo.

Tamén nos deixou este vídeo coa canción de MAMACABRA para que a vaiamos aprendendo ao longo da semana e o venres...Bueno, non vos conto máis, ¡ XA VEREDES!
PUCA



Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.

Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
Bule, bule, bule, bule,
bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, mostros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo
E para que non paredes de cantar, outra de MAMACABRA!

1 comentario:

Lila dijo...

Que rápida!!!
Estou alucinada.