25 nov 2009

OS SOÑOS NA GAIOLA

Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º asistimos a unha representación teatral na CASA DA CULTURA DE BURELA invitados pola Ed. XERAIS. A obra que vimos foi OS SOÑOS NA GAIOLA, do poeta MANUEL MARÍA.


Estivo xenial! Gustáronnos moito as representacións que os actores fixeron dalgúns dos seus poemas, tales como: O FOGUETE, A LÚA, O CARACOL, A FESTA DO PATRÓN, O MEU BURRIÑO... Ademais, déronnos un libro de agasallo para cada un co que traballaremos nas aulas. Xa vos mostraremos algo! De momento aquí vos deixamos estas imaxes do teatro.




No hay comentarios: