24 ene 2010

IRENE NO SAHARA

Esta semana vaise traballar no colexio sobre o Sahara: montarase unha haima na entrada onde se probará cuscús e té, montarase unha exposición para decorar a haima con obxectos típicos do Sahara e incluso teremos a visita de familias que acollen nenos saharauis para falarnos da súa experiencia e de como é a vida nun campo de refuxiados.
Para traballar nas aulas temos o conto IRENE NO SAHARA, visto en aulaintercultural. Ao final ten variadas actividades para traballar na aula e orientacións para pais e profesorado. Tamén se pode descargar en PDF.
Si queredes velo, premede na imaxe de abaixo que é a portada do conto.

2 comentarios:

Mik dijo...

Que acto tan bonito! Os meus parabéns! Un día fermosísimo para disfrutar e compartir.
Bicos dende Vigo

BIBLIOCERVO dijo...

Grazas Mik, que non se quede só no día da Paz o de compartir e ser solidarios cos demais!
Unha aperta de Puca