4 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro porque un día coma ese do ano 1837 naceu a escritora. Como estamos co proxecto " As Nosas Fontes", nada mellor que este poema da obra Cantares Galegos, para lembrar a Rosalía.
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
Tamén aproveitamos para recomendar este libro no que se fai unha lectura en imaxes do poema:
Rosalía de Castro: Adiós ríos, adiós fontes
Ilustraciones de Rodrigo Chao Blanco
Col. Xiz de Cor, 6. Ed. Baía. A Coruña, 2005
2 comentarios:
Gustounos moito o video de ADIOS RIOS, ADIOS FONTES...
De Alexis e Mario.
Molaron moito os videos pero o que mais os xogos porque se aprende moitísimo sobre as mates...
Paula e Izan
Publicar un comentario