Desafiando ao frío, ..., piratas, pastores, enfermeiras, vampiros, cavernícolas, escoceses, obreiros, sevillanas...saímos todos co antroido por Cervo abaixo ata a plaza do Souto. Alí, cantamos unha canción con música do pirimpimpim e...de volta para o cole antes que chovese, onde procedemos a queimar o antroido.
Para rematar, unha merecida merenda coas orellas, filloas, roscas...que sobraron do xantar porque, como di a copla:
Adios martes de antroido,
adeus, meu amiguiño,
ata o Domingo de Pascua
non comerei máis touciño.
O ANTROIDO on PhotoPeach
3 comentarios:
Fermoso desfile e preciosa canción.
Saúdos dende Covas
María
Somos Joao i Endika
Gustounos moito o
video do ANTROIDO.
Vaia antroido o deste ano! pena que estivera en Gran Canaria.
Irene.
Publicar un comentario