17 abr. 2010

LIBRO MÁXICO

Estamos preto da celebración do DÍA DO LIBRO. Esta semana xa tivemos no colexio varias actividades relacionadas con esta data: a visita de ABRAHAM CARREIRO da que xa vos falamos  e tamén outra sorpresa: o venres estivo con nós GONZALO MOURE. Si, foi toda unha sorpresa porque contabamos con el para o mes de maio, pero nesa  data non podía  ser e adiantouse a visita colléndonos un pouco de imprevisto, pois estabamos lendo os seus libros a toda mecha. Pero desto xa vos falaremos noutra entrada, con fotos e todo. Estade atent@s porque teremos algunha actividade máis a vindeira semana. De momento, e para ir ambientándose, déixovos este vídeo do grupo MIGALLAS que fala dun

LIBRO MÁXICO :


Cando esteas aburrido

¡¡¡ou aburrida!!!

e non saibas qué facer


colle un libro, meu amigo


¡¡¡¡ou amiga!!!


todo pode suceder.





1 comentario:

bibliolhosgrandes dijo...

Deixamos un presentiño para vós no noso blogue:http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/
Boas leituras.
Abrazo
Maria