29 may 2010

BUSCANDO AS NOSAS FONTES



O proxecto da biblioteca deste curso titulábase " BUSCANDO AS NOSAS FONTES". A partir do 2º trimestre traballamos arredor del, buscando información sobre as nosas fontes. Para eso organizamos ao alumnado en grupos segundo o lugar onde vivía e fixemos tantos grupos como parroquias ten o concello ou algún máis, pois nalgunha había moitos nenos e nenas. Houbo o grupo de Rúa, San Román, Castelo, A Senra, Trasbar, Cervo, Sargadelos, Figueirido e Rueta. Os equipos estaban compostos por  nenos e nenas dende infantil ata 6º de primaria e os coordinadores eran os  maiores. Cada grupo recibíu un caderno de traballo para cubrir coa visita á fonte correspondente e unha entrevista  para facerlle a unha persoa maior do pobo.
Traballamos as tipoloxías textuais: narración, descrición, entrevista, texto expositivo e elaboramos un paquete de actividades LIM  ( Libro Interactivo Multimedia). Fixemos fotos preciosas das fontes e montamos na biblioteca o recuncho do proxecto cun gran mapa do concello, lendas, refráns, cantigas,   material relacionado,etc. Todo isto podédelo ver nas imaxes desta entrada.
Queremos agradecer a  implicación e colaboración das familias que foi total,  xa que se organizaron  para facer as visitas  coas nenas e nenos e axudáronlles a facer un traballo que entrañaba certas dificultades para o alumando.

BUSCANDO AS NOSAS FONTES on PhotoPeach

No hay comentarios: