31 may. 2010

CELEBRAMOS O CUMPLE DE PUCA



Chegou o día do cumple e celebrámolo por todo o alto. Hoxe foi unha tarde especial, as nenas e nenos léronlle a Puca poesías, contos e cartas que lle escribiron. Deixáronlle debuxos, cantaron cancións e ao final todos lle cantamos a súa canción,ademais do cumpleanos feliz. Tamén houbo entrega de diplomas aos devoradores de libros: Alexis de 3º, Amanda de 1º e Claudia de 6º. E como non podía faltar, a tarta! Ummmm, de chocolate!!!
¡ FELICIDADES, PUCA E GRAZAS POR ESTAR ENTRE NÓS!

5 comentarios:

btic dijo...

¡Feliz aniversario, Puca! Vexo que tiveches unha fermosa festa e uns fermosos agasallos dos nenos e das nenas. Dende Vigo tamén che mandamos unha morea de bicos e moitísimos parabéns.
( ¡Que apetitosa a torta de chocolate!)

Mik dijo...

¡PARABÉNS! ¡Que bonita festa de aniversario! Nós tamén che desexamos moitas felicidades.
Biquiños

cervogaldo dijo...

Parabéns Puca, foi unha festa verdadeiramente bonita...

Que cumplas mooooitos máis!!!

Bibliocervo dijo...

Moitas grazas amigas e amigos!Disfrutei moito na festa vendo as caras de emoción das nenas e nenos, emocioneime coas súas poesías e cos agasallos!A verdade é que tiven moita sorte en vir parar a esta biblioteca e a este cole, porque me queren moito e me tratan moi ben.
Mándovos unha aperta grande e un cachiño de tarta dixital.
PUCA

bibliocovas dijo...

Happy birthday to you...
Moitíiiiiiiiiiiisimas felicidades Puca e tod@s os que facedes da biblioteca un luga máxico.
María dende Viveiro